Skip to main content
 
 

Clúster Galego da Industria do Deporte e o Benestar

Por que a creación dun Clúster para a industria do deporte en Galicia?

Entidades Asociadas ao Clúster

Motivos para participar

Cando alá por 2021 tomamos a decisión de crear este organismo o fixemos cunha total convicción da súa necesidade e seguimos tendo a certeza de que a decisión foi a correcto e que temos ante nós unha gran oportunidade para o sector, contando cunha ferramenta que de verdade pode beneficiar a todas e cada unha das empresas que pertencen a industria do deporte galego.

Co noso traballo diario buscamos fomentar tanto a visibilidad, como cooperación e colaboración entre empresas e entidades do sector, favorecendo a xeración de sinerxías que fagan medrar ao sector. As nosas aportacións ao sector pretenden estar ligadas aos seguintes eixos:

  • INFLUENCIA
  • PROPOSTAS
  • VISIBILIDADE
  • PRESTIXIO
  • ACCESO AO COÑECEMENTO
  • INFORMACIÓN

2,5% do PIB galego

+12.000 postos de traballo

+2.000 empresas no sector

Principais sectores da industria do deporte

Naútica e deportes acuáticos

Construcción de

instalacións

deportivas

Produtos

Deportivos

Equipamento

deportivo

Xestión de

instalacións

Mantenemento e

aforro enerxético

Organización de

eventos

Innovación e

tecnoloxía

deportiva

Arquitectura e

enxeñaría

Textil deportivo

Turismo deportivo

Formación e

prestación de

servizos

A nosa misión

Situar ao sector do deporte galego nunha posición de liderado competitivo a nivel global, contribuíndo ao progreso e á calidade de vida da nosa contorna coa sotibilidade como referente.

O noso obxectivo

Propoñer plans conxuntos que beneficien ao sector e ás empresas integrantes do clúster, incentivando a activación e o desenvolvemento to tecido industrial deportivo galego.

Quen pode participar

As empresas, entidades e institucións que teñen cabida neste clúster están relacionadas coa:
  • Investigación e innovación deportiva.
  • Formación e prestación de servizos deportivos.
  • Organización e xestión de eventos deportivos.
  • Xestión de instalacións deportivas.
  • Arquitectura e enxeñería relacionadas co ámbito deportivo.
  • Industria textil destinada á actividade deportiva.
  • Construción, instalación e mantemento de infraestruturas deportivas.
  • Deseño e comercialización de produtos deportivos.
  • Xestión e explotación do turismo deportivo.
  • Náutica e deportes acuáticos.
  • Eficiencia enerxética e aforro de enerxía.